Contorno
Os arredores de Casa Lourán convírtena nun destino perfecto para aqueles que, ademais da casa, tamén queren disfrutar de actividades ao aire libre e deportes de aventura.
Para estes ofrecémolles:
Sendeirismo polas Fragas do Eume
Innumerábeis camiños e sendeiros agóchanse entre estas densas fragas, discorrendo, na súa maioría, pola beira ou nas proximidades do río. O Camiño da Ventureira, o Paso da Vella, os cumios de Sanguiñedo ou de Pena Fesa (practicábel en bicicleta) entre outros, conforman unha estensa e variada oferta, que en tempada de outono, vese salpicada de gran variedades de cogumelos.
Consulta aquí algunhas das rutas establecidas:
http://www.eumeturismo.org/esp/rotas.html
http://www.eumevisual.negreira.net/senderismo.htm
Rutas á cabalo, piragüismo e aventura
Ao redor do río Eume existen diferentes empresas dedicadas a organizar marchas a cabalo pola beira do río e rutas de piragüismo que transcorren polas zonas máis fermosas da zona.
Infórmate aquí dalgunha das opcións::
http://www.eumeturismo.org/indiceturismoactivo.html
Museos e turismo histórico
Dende o Mosteiro de Caaveiro até Monfero, pasando pola Torre de Andrade, a zona posee unha morea de tesouros históricos e museos dedicados á cultura autóctona e tradicional.
Reliquias da construción civil como muíños ou pontes centenarias comparten paisaxe con restos relixiosos e feudais.
Consulta aquí os museos máis importantes:
http://www.eumeturismo.org/indicemuseos.html
Val do Xestoso
O noso Val. Sector primario vivo no que temos instalada a nosa cooperativa. Poderás ver de primeira mao o traballo tradicional e probar os exquisitos produtos da zona onde o rei por excelencia é o grelo autóctono.
Praias e rías
As Rías Altas ofrecen praias de augas transparentes arredor das desembocaduras dos ríos. A menos de 30Kms podemos disfrutar das praias de Miño, Ares, Pontedeume...